Translated using Weblate (Galician)
Currently translated at 100.0% (5 of 5 strings) Translation: Fossify/Contacts metadata Translate-URL: https://hosted.weblate.org/projects/fossify/contacts-metadata/gl/
This commit is contained in:
parent
ba2e1a6e49
commit
6faa166d8a
1 changed files with 35 additions and 0 deletions
35
fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt
Normal file
35
fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt
Normal file
|
|
@ -0,0 +1,35 @@
|
|||
Contactos Fossify - a evolución da xestión de contactos. Coa intención de redefinir o xeito en que xestionas os teus contactos, a nósa app combina a simplicidade con funcións avanzadas, axeitadas tanto para uso persoal como profesional.
|
||||
|
||||
🔍 BUSCA INTELIXENTE E PERSONALIZACIÓN DOS CAMPOS:
|
||||
Atopa rápidamente os contactos coa nósa ferramenta intelixente de busca. Personaliza os campos visibles, desfruta dunha interface amigable, atopando os contactos sen complicacións, aforrando tempo e aumentando a produtividade.
|
||||
|
||||
✉️ XESTIÓN DE GRUPOS E COMUNICACIÓN:
|
||||
Xestiona facilmente os grupos de contactos para unha comunicación fluída. A nósa app facilita o envío de correos ou SMSs a grupos, con ferramentas para crear listas de favoritos, cambiarlle o nome aos grupos, aumentando a túa capacidade organizativa.
|
||||
|
||||
🔄 COPIAS DE APOIO FIABLES E OPCIÓNS DE EXPORTACIÓN BACKUP:
|
||||
Protexe sempre os teus contactos co nóso sistema de copias de apoio. Exporta e importa facilmente no formato vCard, facilitando a migración dos datos e as copias de apoio.
|
||||
|
||||
🌐 TRANSPARENCIA DE CÓDIGO ABERTO:
|
||||
Construída sobre unha plataforma de código aberto, Contactos Fossify lidera en transparencia e confianza das usuarias. Le o noso código en GitHub e forma parte da comunidade que valora a privacidade, abrir o código e colaborar para mellorar.
|
||||
|
||||
🖼️ EXPERIENCIA DE USUARIA PERSONALIZADA:
|
||||
Personaliza a xestión dos teus contactos sen dificultade. A nósa app ten axustes flexibles e opcións para o deseño, permitindo adaptar a interface ao teu gusto e necesidades. Ordena os contactos, elixe o decorado, personaliza o xeito en que utilizas a app.
|
||||
|
||||
🔋 EFICIENTE E LIXEIRA:
|
||||
Rendemento optimizado, Contactos Fossify está deseñada para non consumir moitos recursos do sistema. Non só organiza os contactos de xeito eficiente se non que contribúe a que dure máis a batería asegurando un funcionamento fluído.
|
||||
|
||||
🚀 SINCRONIZACIÓN AVANZADA:
|
||||
Tanto se elixes gardar os contactos de xeito local como sincronizalos entre dispositivos a través de varios medios, a nósa app asegura unha experiencia fluída, eficiente e segura.
|
||||
|
||||
🔐 PRIVACIDADE POR DIANTE:
|
||||
A información dos teus contactos é confidencial con Contactos Fossify. Dámoslle prioridade á túa privacidade, asegurándonos de que os datos nunca se comparten con outras apps alleas.
|
||||
|
||||
🌙 DESEÑO MODERNO E INTERFACE AMIGABLE:
|
||||
Unha interface amigable cun deseño limpo e moderno. A app usa Material Design e dispón dun decorado escuro, proporcionando unha experiencia de uso cómoda e fermosa.
|
||||
|
||||
Descarga a app e sube o nivel da xestión dos teus contactos. Aquí comezará o teu camiño nunha xestión eficiente, segura e intuitiva.
|
||||
|
||||
Descubre máis apps Fossify: https://www.fossify.org
|
||||
Código Aberto: https://www.github.com/FossifyOrg
|
||||
Únete á comunidade en Reddit: https://www.reddit.com/r/Fossify
|
||||
Conecta en Telegram: https://t.me/Fossify
|
||||
Loading…
Reference in a new issue