diff --git a/fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt b/fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt new file mode 100644 index 00000000..250b0dc3 --- /dev/null +++ b/fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt @@ -0,0 +1,35 @@ +Contactos Fossify - a evolución da xestión de contactos. Coa intención de redefinir o xeito en que xestionas os teus contactos, a nósa app combina a simplicidade con funcións avanzadas, axeitadas tanto para uso persoal como profesional. + +🔍 BUSCA INTELIXENTE E PERSONALIZACIÓN DOS CAMPOS: +Atopa rápidamente os contactos coa nósa ferramenta intelixente de busca. Personaliza os campos visibles, desfruta dunha interface amigable, atopando os contactos sen complicacións, aforrando tempo e aumentando a produtividade. + +✉️ XESTIÓN DE GRUPOS E COMUNICACIÓN: +Xestiona facilmente os grupos de contactos para unha comunicación fluída. A nósa app facilita o envío de correos ou SMSs a grupos, con ferramentas para crear listas de favoritos, cambiarlle o nome aos grupos, aumentando a túa capacidade organizativa. + +🔄 COPIAS DE APOIO FIABLES E OPCIÓNS DE EXPORTACIÓN BACKUP: +Protexe sempre os teus contactos co nóso sistema de copias de apoio. Exporta e importa facilmente no formato vCard, facilitando a migración dos datos e as copias de apoio. + +🌐 TRANSPARENCIA DE CÓDIGO ABERTO: +Construída sobre unha plataforma de código aberto, Contactos Fossify lidera en transparencia e confianza das usuarias. Le o noso código en GitHub e forma parte da comunidade que valora a privacidade, abrir o código e colaborar para mellorar. + +🖼️ EXPERIENCIA DE USUARIA PERSONALIZADA: +Personaliza a xestión dos teus contactos sen dificultade. A nósa app ten axustes flexibles e opcións para o deseño, permitindo adaptar a interface ao teu gusto e necesidades. Ordena os contactos, elixe o decorado, personaliza o xeito en que utilizas a app. + +🔋 EFICIENTE E LIXEIRA: +Rendemento optimizado, Contactos Fossify está deseñada para non consumir moitos recursos do sistema. Non só organiza os contactos de xeito eficiente se non que contribúe a que dure máis a batería asegurando un funcionamento fluído. + +🚀 SINCRONIZACIÓN AVANZADA: +Tanto se elixes gardar os contactos de xeito local como sincronizalos entre dispositivos a través de varios medios, a nósa app asegura unha experiencia fluída, eficiente e segura. + +🔐 PRIVACIDADE POR DIANTE: +A información dos teus contactos é confidencial con Contactos Fossify. Dámoslle prioridade á túa privacidade, asegurándonos de que os datos nunca se comparten con outras apps alleas. + +🌙 DESEÑO MODERNO E INTERFACE AMIGABLE: +Unha interface amigable cun deseño limpo e moderno. A app usa Material Design e dispón dun decorado escuro, proporcionando unha experiencia de uso cómoda e fermosa. + +Descarga a app e sube o nivel da xestión dos teus contactos. Aquí comezará o teu camiño nunha xestión eficiente, segura e intuitiva. + +Descubre máis apps Fossify: https://www.fossify.org +Código Aberto: https://www.github.com/FossifyOrg +Únete á comunidade en Reddit: https://www.reddit.com/r/Fossify +Conecta en Telegram: https://t.me/Fossify